Evento: Marina Gundín & The Misters
Marina Gundín & The Misters
Marina Gundín & the Místers, é un proxecto que une a sonoridade dun quinteto de jazz ao uso, con arranxos e temas propios que achegan personalidade e frescura no seu directo.
Os seus integrantes, suman as súas experiencias e sons particulares, para conseguir transportar ao oínte ao swing de mediados de S. XX , nun ambiente actual. A voz de Marina Gundín, ten como inspiración a Billie Holiday e Ela Fitzgerald, entre outras.
A esta, acompáñanlle unha banda formada polo son característico do saxo tenor de Gueorgui Oganesian; o acompañamento orixinal de Alber Grela á guitarra; un contrabaixo de son fresco nas mans de Miguel Piñeiro; e unha batería lixeira e precisa tocada por Brais Villar.
O seu repertorio, ten como base estética as composicións de jazz de mediados de século XX e desenvolven dita sonoridade con seccións máis modernas.
Un grupo que estimula todos os sentidos do oínte no seu directo.