Evento: O xogo de Nano
O xogo de Nano
O xogo de Nano
Bebeconto con Raquel Queizás
Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogaran? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.
Contacontos para bebés de 1 a 3 anos acompañados dun adulto na bebeteca.
Inscricións previas no teléfono 988 788385.
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.