Evento: Conferencia no Circo de Artesáns de Senén Barro sobre "Intelixencia artificial"

Conferencia no Circo de Artesáns de Senén Barro sobre "Intelixencia artificial"
xoves, 2 decembro, 2021 - 20:00
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos,
A Coruña

Conferencia no Circo de Artesáns de Senén Barro sobre "Intelixencia artificial"

“INTELIXENCIA ARTIFICIAL: LUCES E SOMBRAS”

Conferencia de SENÉN BARRO AMENEIRO, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela) e antigo reitor da USC. Recente "Premio Nacional de Informática" de 2021.

DÍA: 2 de decembro de 2021 (xoves/quinta-feira)

HORA: 20:00 horas

LOCAL: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”)

Rúa Santo André, número 36 – CORUÑA

ACTO PÚBLICO, ABERTO A TODA A CIDADANÍA

É OBRIGATORIO O USO DUNHA MÁSCARA DURANTE O ACTO

PARA RESERVAR CHAMAR AO TELÉFONO DO CIRCO DE ARTESÁNS: 981-222976

________________________________________________________________

RESEÑA DA CONFERENCIA:

A Intelixencia Artificial (IA) parece algo de antonte, non obstante, trátase dun campo científico e tecnolóxico con máis de seis décadas de vida. O seu impacto social e económico é xa enorme e increméntase cada día. Está presente en moitos máis sitios dos que pensamos, mais non en todos nos que se di. Como xa non é posíbel nin vivir nin traballar sen Intelixencia Artificial, mellor sabermos o que é, o que podemos esperar dela e como podemos evitar, ou cando menos reducir, os seus riscos.

(Durante a conferencia proxectaranse na grande pantalla do Circo de Artesáns imaxes e videos.)

________________________________________________________________

SENÉN BARRO AMENEIRO (As Pontes, 1962), catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela).

Foi reitor da USC (2002-2010) e vicepresidente da “Conferencia de Rectores de Universidades Españolas-CRUE” (2008-2010). Foi presidente de RedEmprendia de 2010 a 2017, rede de 28 das mellores universidades de 6 países de América Latina, máis España e Portugal, orientada á transferencia de I+D e ao emprendemento universitario.

Autor de sete libros e de máis de 300 artigos científicos.

Socio fundador das spin-off “Situm Technologies” e “InVerbis”.

Membro da Real Academia Galega de Ciencias.

Premio Nacional de Informática José García Santesmases 2020.

Finalista (2º premio), no “ XIV Certamen de poesía y relato "Las palabras escondidas”, ano 2021, co texto: “Las palabras ausentes”.

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal