Evento: Cantando con Migallas
Cantando con Migallas
Espectáculo musical no que Migallas Teatro interpreta cancións dos seus discos “Canta connosco” e “Pan de Millo” acompañadas de sktechs sobre a lectura como pracer de aprendizaxe fronte ao exceso de TV; os xogos colectivos e tradicionais fronte aos videoxogos e aos xoguetes electrónicos; a importancia das relacións entre avós e netos; o ciclo da natureza e o traballo no campo; o coidaddo das mascotas; a actualidade das cantigas tradicionais; cancións que axudan a estudar, etc.
Para público familiar, o mércores 22 de decembro ás 18.00 h. no salón de actos da Biblioteca.
Con inscrición previa a partir do 15 de decembro ás 11.0 h. a través do formulario da páxina web de biblioteca. Cada persoa que inscribe pode indicar o número de persoas da unidade de convivencia que desexa inscribir.