Evento: Mr. Mou en concerto
Mr. Mou en concerto
Ricardo Mouriño tamén coñecido como Mr. Mou é un multinstrumentista e cantante ferrolán; entre outras cousas graduado en Instrumentos da Música Tradicional e Popular polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, que leva moi activo na escena do Reggae e do Folk galego dende fai máis dunha década.
Logo de presentar este pasado Maio en pleno confinamento o seu último traballo de estudo “Light & Thunder” con Skank-Fu Music e The Dub Yard Records, achégase a este formato old school minimalista armado co Casiotone MT-40 lexendario no reggae dixital e acompañado polo grande músico Fausto Escrigas ao saxo tenor traen unha sonoridade Reggae/Dub máis cercana ao Neo Soul ou ao Hip Hop sen perder a esencia roots da música xamaicana.
Máis eventos de tipo Concerto