Evento: Presentación da novela ilustrada: Proyecto InteligLentes
Presentación da novela ilustrada: Proyecto InteligLentes
venres, 3 decembro, 2021 - 19:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Presentación da novela ilustrada: Proyecto InteligLentes
Co autor Ismael López Calvo
Presentación da novela ilustrada "Proyecto InteligLentes" de Ismael López Calvo, ilustrada por Lena Art.
Lugar: salón de actos
A novela "Proyecto InteligLentes", ambientada na cidade da Coruña, é un thriller policíaco de suspense no que os oficiais de intelixencia do CNI Naiara Castelo, Lucía Prado e Miguel Abad, tratan de descubrir quen se agocha detrás da organización terrorista "Asesinos del Triángulo".
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.