Evento: Roteiros de autor arredor da historia da Coruña

Roteiros de autor arredor da historia da Coruña
venres, 26 novembro, 2021 - 17:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Roteiros de autor arredor da historia da Coruña

Felipe-Senén López Gómez

Itinerarios de autor co obxectivo de sensibilizar sobre a Historia da Cultura Coruñesa.

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na páxina web.

Os xardíns de Méndez Núñez e o ensanche: exposición do modernismo.

Inicio ante o Monumento a Curros Enríquez, para seguir enxergando os monumentos e dedicatorias a persoeiros do século XX, lembrando aos seus autores e aos movementos artísticos que impulsaron estes monumentos e arquitecturas...para rematar este paseo polos cantóns literarios e a Praza de Lugo, un museo ao aire libre das diferentes sensibilidades do Modernismo... Barrio das librarías, dos bares de sona, das cafeterías de parladoiros literarios....

Coordinación: Felipe-Senén López Gómez (historiador da arte).

Día: venres 26 de novembro

Horario: 17:00 horas

Persoas con máscara e mantendo a distancia de seguridade.