Evento: NEO + Jorge Salán

NEO + Jorge Salán
venres, 14 xaneiro, 2022 - 21:30
Máster Club,
Vigo

NEO + Jorge Salán

Concerto de rock-blues.

Jorge Salán (Madrid, 1982) está recoñecido como un dos mellores músicos de Rock/Blues na actualidade.

A paixón e virtuosismo deste guitarrista,cantante e compositor deron lugar non só á súa contratación por parte de estrelas do xénero, senón á gravación de once discos en solitario e unha extensa lista de colaboracións con artistas nacionais e estranxeiros. É o guitarrista solista de Jeff Scott Soto (Journey, Yngwie Malmsteen, Sons Of Apollo) e a súa banda SOTO, Joe Lynn Turner (Deep Purple, Rainbow), co que vira por toda Europa e, desde xaneiro de 2017, é o guitarrista da renovada super banda Avalanch. Ademais, realizou xiras por todo o mundo presentando o seu proxecto en solitario ou acompañando a outros artistas.

  • Jorge Salan -Vida

Máis eventos de tipo Concerto