Evento: Mil maxias máis

Mil maxias máis
martes, 23 novembro, 2021 - 12:00
Praza 23 de novembro,
Narón

Mil maxias máis

Espectáculo do Mago Antón no programa FalaRedes.

O mago Antón trae ao FalaRedes un espectáculo de maxia dirixido a público infantil e familiar que busca poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados  coa finalidade de facer que os espectadores e espectadoras lembren a importancia que ten a palabra en galego.

Cada sesión de Mil maxias máis desenvolverase a bordo do Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de ilusionismo e lingua. A bordo deste vehículo o mago Antón estará este novembro en Santiago de Compostela, Narón, Vilagarcía de Arousa e A Coruña.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio, 11:00
Salón da Cooperativa - A Arnoia - Ourense
Mulleres, ritmo e tradición
7 de xuño, 17:00
Pazo da Peregrina de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Fala, fala, falangueira
7 de xuño, 19:00
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña
Castelao, un corazón á intemperie
7 de xuño, 19:30
Praza do Cantón (en caso de chuvia no Auditorio) - Chantada - Lugo