Evento: Os ratiños da caixa
Os ratiños da caixa
sábado, 6 novembro, 2021 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Os ratiños da caixa
Nenas e nenos de 3 a 8 anos
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
Lugar: salón de actos.
Trinke Trinke teatro
Fuco trae nunha caixa os ratiños máis novos de Lonxedetodo. Tenos que coidar. Amósallos aos nenos e nenas, mais cando lles manda que se volvan meter na caixa, os ratos non obedecen e ademais mórdenlle! Para calmalos decide contarlles tres contos de ratos, un para cada un. De ratos, por suposto!
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.
Ligazóns