Evento: Da pandeirada ao punk: máis aló de Ferreñas e Rock and Roll
Da pandeirada ao punk: máis aló de Ferreñas e Rock and Roll
luns, 22 novembro, 2021 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Da pandeirada ao punk: máis aló de Ferreñas e Rock and Roll
Charla e coloquio a cargo de Laura Romero e Iria Pereira
Relatorio con apoio audiovisual mais un pequeno coloquio coas autoras, no que se profunda no proceso creativo e na ampliación dos contidos da obra. Faremos un percorrido oral e visual pola historia alternativa da música galega, a que construíron as mulleres. As autoras de Ferreñas e Rock and Roll descóbrennos ás grandes pioneiras da nosa escena dende o século XX ata o presente mesturando arte, melodías, letras e feminismo.
No salón de actos. Para persoas a partir dos 14 anos e público adulto. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.