Evento: Quen foi Isabel Zendal?

Quen foi Isabel Zendal?
xoves, 18 novembro, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Quen foi Isabel Zendal?

Obradoiro a cargo de Fatiropina

Este obradoiro quere dar a coñecer o traballo de Isabel Zendal como coidadora e enfermeira dos 22 nenos expósitos que, a bordo da corbeta “María Pita” e no marco da Real Expedición Filantrópica da Vacina dirixida por Balmis, zarparon dende A Coruña para cruzar o Atlántico e levar a vacina in vivo da varíola. Realizaremos varios experimentos científicos nos que se abordarán conceptos de microbioloxía e inmunoloxía dende un enfoque cómico e teatral.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Máximo participantes: 12. Cada un deles pode estar acompañado dunha persoa adulta. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Actividade realizada no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS
17 de maio
Museo das Peregrinacións e de Santiago
OBRADOIRO ISAAC DÍAZ PARDO
OBRADOIRO ISAAC DÍAZ PARDO
17 de maio
Museo das Peregrinacións e de Santiago
TRAE O TEU LIBRO E VEN LER CON JUAN TALLÓN
TRAE O TEU LIBRO E VEN LER CON JUAN TALLÓN
18 de maio
Museo das Peregrinacións e de Santiago