Evento: Morgan
Morgan
Morgan é unha banda afincada en Madrid que naceu en 2012 formada actualmente por Carolina de Juan, Paco López, Ekain elorza e David Schulthess.
O seu primeiro álbum NORTH, producido por Jose Nortes, foi lanzado en febreiro de 2016.
Con este disco comezaron a súa andaina e unha xira de presentación por diversas cidades e escenarios. En 2017 reeditaron o disco de maneira autoxestionada e continuaron percorrendo todo o país ata chegar aos case 100 concertos en ciclos, salas e festivais.
Tras só dous meses de parón desde que pechasen a súa primeira xira na sala Ochoymedio de Madrid, publícase o seu segundo disco, AIR, tamén producido por Jose Nortes, á venda en marzo de 2018.
Con AIR comezaron a súa segunda xira coa que percorreron novamente todo o país pasando por salas, festivais, teatros e auditorios. O AIR TOUR, despois de case 200 concertos, acabou na sala Apolo de Barcelona a principios de 2020.
Máis eventos de tipo Concerto