Evento: Aprende coas mulleres galegas: Marcela Gracia e Elisa Sánchez

Aprende coas mulleres galegas: Marcela Gracia e Elisa Sánchez
mércores, 1 setembro, 2021 a venres, 31 decembro, 2021
Evento online,
Santiago de Compostela

Aprende coas mulleres galegas: Marcela Gracia e Elisa Sánchez

Actividade organizada pola Secretaría de Igualdade.

Foron unhas mestras galegas que protagonizaron o primeiro casamento entre mulleres o 8 de xuño de 1901 na Coruña. Para poder realizar esta unión Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina e así enganar o párroco que debía oficiar o casamento. Naquel momento, a unión entre persoas do mesmo sexo estaba prohibida e perseguida pola lei. Cando se descubriu a súa identidade perderon o seu emprego e tiveron que fuxir, primeiro a Portugal e logo á Arxentina, para vivir unha vida chea de penurias, aventuras, xuízos e mesmo cárcere; nada disto puido co amor que estas mulleres sentían. 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións