Evento: O Samaín 2021

O Samaín 2021
domingo, 31 outubro, 2021 a luns, 1 novembro, 2021
Varios espazos,
O Porriño

O Samaín 2021

Festa onde os nenos preparan as cabazas.

Desde a  OMIX do Porriño  e a Concellería de Educación  do concello do Porriño, co gallo do Samaín 2021, convidamos aos nenos/as de primaria dos colexios do Porriño a  participaran na decoración de cabazas, tal e como se ven facendo nestes últimos anos.

A temática  foi  libre e o material decorativo tamén. Non houbo restricións técnicas nin materiais.

Os traballos, xa rematados, son ao redor de 500 cabazas e recolléranse o venres 29 de outubro en cada colexio participante. Estarán expostos nas rúas da vila dende ás 12:00 h. do domingo 31 de outubro e ata ás 23:55 horas do luns 1 de novembro.

A partir das 00:00 do luns 1 de novembro, as/os nenas/nenos/pais/nais que así o desexen, poderán pasar a recuperar as súas cabazas. Por tratarse de pezas perecedoiras o Concello nos se fai responsable da súa integridade.

Os demais traballos serán recollidos por persoal do Concello para a súa posterior reciclaxe.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

A Rapa das Bestas de Sabucedo
4 de xullo a 7 de xullo
Curro de Sabucedo
Festa da Lagosta e da cociña mariñeira
4 de xullo a 6 de xullo
A Guarda
Asalto ao Castelo
4 de xullo a 5 de xullo
Castelo de Vimianzo
Festa das Cereixas de Paiosaco
5 de xullo a 6 de xullo
Campo da feira