Evento: Jimenos band

Jimenos band
venres, 8 outubro, 2021 - 21:00
Auditorio Municipal de Cangas,
Cangas

Jimenos band

Concerto tributo a Sabina.

Jimenos band, formado polos irmáns Ignacio e Alejandro, darán un concerto tributo ao recoñecido cantante Joaquín Sabina no auditorio municipal de Cangas.. 

A finais do 2010 os irmáns Jimeno, Ignacio e Alejandro, fan realidade o seu soño e forman o grupo Jimenos Band. O seu estilo está marcado e influenciado pola gran admiración que sempre sentiron por Joaquín Sabina de maneira que os seus concertos son un perfecto e real tributo ao cantautor.

Ignacio crava a voz do cantante Joaquín Sabina e a posta en escena é moi do estilo do artista para presentar un espectáculo cheo de cancións que forman parte da nosa memoria. Intercalan entre canción e canción, chistes e chascarrillos moi do estilo do mestre. Así conseguen un auténtico tributo a Joaquín Sabina que lles valeu a cualificación, por parte da crítica, do mellor tributo feito ao cantante, a nivel nacional.

  • Jimenos Band, el mejor tributo a Sabina

Máis eventos de tipo Concerto

French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ukestra do medio
24 de maio
Laroom
Son de Camagüey
24 de maio
Museo de Belas Artes