Evento: Walls

Walls
xoves, 18 novembro, 2021 - 21:00
Sala Malatesta,
Santiago de Compostela

Walls

Concerto de música urbana.

WALLS é sen dúbida un dos artistas urbanos do momento, con tan só 16 anos salta á fama ao clasificarse para a Batalla de Galos nacional de Red Bull, converténdose nun dos Mc?s máis novos en participar e confirmando que se trataba dunha das grandes promesas do freestyle en castelán. Competiu nas batallas máis importantes a nivel nacional, conseguindo gañar a reputados Mc´s como o coñecido Arkano, Blon ou Bta.      

Tras moitos anos no circuíto, en 2020 retírase da FMS España e dá un novo xiro á súa prometedora carreira. Compón cancións influenciado por diferentes estilos e a súa música empeza a correr como a pólvora no boca-orella. En moi pouco tempo labrouse unha importante base de fans e empeza a participar nos festivais máis importantes do pais. Cunha música máis accesible, infestada de hits instantaneos, está a conseguir unhas cifras para ter moi en conta: unha media de 647.082 oíntes mensuais e millóns de reproducións en Youtube e Spotify

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5