Evento: Walls
Walls
WALLS é sen dúbida un dos artistas urbanos do momento, con tan só 16 anos salta á fama ao clasificarse para a Batalla de Galos nacional de Red Bull, converténdose nun dos Mc?s máis novos en participar e confirmando que se trataba dunha das grandes promesas do freestyle en castelán. Competiu nas batallas máis importantes a nivel nacional, conseguindo gañar a reputados Mc´s como o coñecido Arkano, Blon ou Bta.
Tras moitos anos no circuíto, en 2020 retírase da FMS España e dá un novo xiro á súa prometedora carreira. Compón cancións influenciado por diferentes estilos e a súa música empeza a correr como a pólvora no boca-orella. En moi pouco tempo labrouse unha importante base de fans e empeza a participar nos festivais máis importantes do pais. Cunha música máis accesible, infestada de hits instantaneos, está a conseguir unhas cifras para ter moi en conta: unha media de 647.082 oíntes mensuais e millóns de reproducións en Youtube e Spotify