Evento: Sandra Calderón
Sandra Calderón
Sandra Calderón
A artista coruñesa presenta o seu primeiro traballo Desde a alma
Desde a alma é o primeiro traballo discográfico da artista coruñesa Sandra Calderón que ofrecerá un espectáculo flamenco que dialogará coa danza nas súas distintas expresións. Trátase dun encontro cultural no que quedará patente o esforzo da artista a través das súas colaboracións con fundacións contra o racismo e a discriminación e o apoio aos refuxiados. Sandra Calderón promete unha noite máxica de paixón con sorpresas.
Ligazóns