Evento: Serva me, servabo te
Serva me, servabo te
Esta nova peza do CDG fala dos afectos e do colectivo, de como é importante agarrarse forte das mans diante da adversidade e da necesidade de soster o que tes ao lado como se foses ti mesmo.
Sinopse
Fantasiamos coa imaxe dun edificio de vinte alturas que se derruba por mor dunha carga de explosivos. Sabemos das nosas forzas e estas mans apenas conseguen pregarse forte nun puño pechado. Agora estas que nós somos non conseguimos abater torres, pero si ser o po que testemuña o derrubamento.Tamén podemos bailar; parece sinxelo, pero nin a todos os corpos lles é permitido. Podemos falar de amor. Un día dixéronnos que non era serio falar de amor, que tiñamos que falar de cousas máis importantes. Igual agora é o momento.
Armar un plan. Bailar un plan.