Evento: WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in: Talk 2 | 3.0: Zoom in: Cultura

WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in: Talk 2 | 3.0: Zoom in: Cultura
venres, 10 setembro, 2021 - 17:00
Centro de Innovación Cultural (CINC),
Santiago de Compostela

WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in: Talk 2 | 3.0: Zoom in: Cultura

Espazo para o debate e o entendemento.

A Cidade da Cultura acolle un ano máis as WOS Talks x Fest Galicia, un espazo para o debate e o pensamento, onde dar luz e xerar interrogantes sobre o presente e o futuro dos artistas, a cultura e o mundo ante a chegada do chamado “Internet dos bens”, capaz de alterar calquera contexto ao seu paso, e dentro dun ano que re-definiu as nosas vidas e nos levou á reflexión ante os cambios de paradigma.

Nano 4814 | Artista plástico vigués que ten exposto en galerías e institucións tanto en España como no estranxeiro. Forma parte do colectivo artístico El Equipo Plástico e entre os seus proxectos poderíamos destacar a exposición Urbanitas no MARCO de Vigo, Street Art no Tate Modern de Londres, Planet Prozess en Berlín ou Crossing Borders/Crossing Boundaries no SAM Museum de San Petersburgo.

Álex Trías | Licenciado en Dereito, con posgrao en Music Business e experto en materias legais e de desenvolvemento de negocio dentro dos sectores do entretemento, a industria musical e a cultural. Responsable de asuntos legais e desenvolvemento corporativo no festival Primavera Sound (Barcelona).

Micaela Ruiz | Escritora independente e creadora de contidos. Traballou para festivais como Sónar+D, Primavera Sound e Loom Festival, onde ademais é co-creadora e curadora de Loom Senses. Agora é parte do equipo fundador de DoinGud, ecosistema de NFTs que conecta a creadores con impacto social, onde é Coordinadora de Relacións con Artistas e a Comunidade.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Xornada Hispanidad
21 de xuño
Museo Militar da Coruña
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde