Evento: Tanxugueiras en concerto

Tanxugueiras en concerto
venres, 19 novembro, 2021 - 20:30
Teatro Municipal,
Tui

Tanxugueiras en concerto

Presentación do seu novo traballo Contrapunto

O novo traballo de Tanxugueiras, a banda revelación do folk galego nos últimos anos, sae a luz o 21 de novembro de 2019. Nel, un cambio de imaxe, de formato e de espectáculo para deleitar aos espectadores.

A música tradicional vista desde os ollos dunhas rapazas que beben doutras influencias. 

Logo do éxito do seu primeiro traballo e de máis de 100 concertos en 16 meses de presentación, Contrapunto ve a luz producido por elas mesmas. Un disco no que as voces son as protagonistas, así como unha coidada escenografía e xogo de luces.

Toda a forza deste trío de mulleres que no escenario se acompañan de Isaac Palacín ás percusións nun espectáculo concebido para os teatros do noso país, unha xira de presentación que se quere achegar a todos os públicos.

Sobre Tanxugueiras.

Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío convertéronse  en moi pouco tempo en todo un referente da música tradicional galega logo dunha xira de máis de 100 concertos cheos de frescura e personalidade no que presentaron o seu primeiro traballo que leva o nome da banda. A maxia dos seus concertos, a naturalidade e espontaneidade son o complemento ideal á forza que estas tres mulleres transmiten enriba dun escenario.

Nesta tempada chegan coa presentación dun novo traballo e formato, creando un espectáculo innovador e repleto de enerxía que reflicte o seu carácter. Un espectáculo tradicional visto dende a perspectiva de tres mozas que queren dar que falar e no que as súas voces serán as auténticas protagonistas.

Logo de visitar os principais escenarios do noso país e mostrara a nosa cultura en Cuba, Suíza, La India ou Reino Unido, as Tanxugueiras preparan unha nova xira.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Tromsø
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cancións amarelas, flores tristes
16 de maio, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Mulleres que viven soas
16 de maio, 20:30
Casa da cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Cortello de Amor
16 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña