Evento: Galicia máxica
Galicia máxica
Galicia máxica
Espectáculo a cargo de Marta Ortiz
O repertorio de contos deste espectáculo de narración oral é na súa totalidade contos tradicionais galegos, romances, cancións, brinquedos e xogos da nosa tradición. Unha viaxe pola Galicia máis máxica, chea de festas, romarías, tradicións que gardan con elas costumes e sentires dun pobo.
O obxectivo desta proposta é poñer en valor e achegarlles ás nenas e nenos o noso patrimonio cultural.
Ligazóns