Evento: Astrolabios

Astrolabios
mércores, 8 setembro, 2021 - 20:00
Praza de España,
Antas de Ulla

Astrolabios

Espectáculo a cargo de Tarabela Creativa

“Astrolabio” é unha palabra que vén do grego e que significa “buscador de estrelas”. É un aparello que se inventou no século II a. C. Porque a curiosidade polo firmamento comezou na Humanidade nin se sabe cando!

Nesta sesión de contos para público familiar a partir de 5 anos, imos aprenderlle o nome ás estrelas, as súas agrupacións en constelacións, a mitoloxía tras delas, os ciclos da lúa, a súa influenza nas mareas e nos tempos da terra, habemos descubrir que hai estrelas nómades, que outras veces choven, que nos marcan o norte, que non vemos as mesmas se cambiamos de hemisferio na noite...

Que Sirio brilla máis que o Sol, que todas as civilizacións se orientaron por elas e falaremos de adiviñadoras do seu misterio, como Maria Reiche e o seu descubrimento no deserto.

Sempre que sexa posible, levaremos a cabo unha sesión-acampada, para facer da intemperie o noso observatorio, un planetario que temos a diario. En círculo, sobre mantiñas, co amparo dos astros.

Se o clima non deixa, acamparemos dentro e viviremos a emoción do descubrimento do ceo en proxección.

Unha hora de duración que terá en nós efecto cósmico.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés