Evento: O mozo da última fila

O mozo da última fila
venres, 26 maio, 2023 - 21:00
Salón Teatro de Lalín,
Lalín

O mozo da última fila

Espectáculo a cargo de Redrum Teatro

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase faíselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Elenco artístico: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rúben Porto.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra