Evento: Rastafarudi

Rastafarudi
sábado, 11 setembro, 2021 - 19:00
Cuntis,
Cuntis

Rastafarudi

Espectáculo de circo.

En Rastafarudi hai dende música ao vivo até malabarismo, pasando por coreografías en tutú e un streap-tease a base de gargalladas. E, no medio e medio, Rudi Dudi. O clown –belga, mais universal– crea un espectáculo xurdido da maxia e da forza que veñen do máis fondo, directamente do corazón. Nesta peza, preséntasenos un antigo ritual para que a xente se deite todas as noites coa esperanza no mundo intacta. Ao parecer, María Callas e Elvis, Bob Marley e Michael Jackson, e tamén Madonna e Lady Gaga, mantiveron vivo este ritual. Pero só Rudi Dudi se atreve a ensinarllo ao mundo.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O Chow do Flow
25 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5