Evento: Xeliña fala galego

Xeliña fala galego
domingo, 5 setembro, 2021 - 20:00
Praza da vila,
Sarria

Xeliña fala galego

Espectáculo infantil de Caxoto Contacontos

Este é o ano da escritora e tradutora Xela Arias. Con este motivo ven de estrearse a obra inédita “NON TE AMOLA!”; a única das súas obras  dirixida ao público infantil e única dentro do estilo narrativo. Trátase dun texto en gran medida autobiográfico sobre a súa nenez que como un moderno “Memorias dun neno labrego” conta a esencia dunha xeración enteira de nenas e nenos galegos que viviron a súa nenez nos anos 90 do século pasado.

A partires desta obra escrita a modo de diario, Caxoto visita a figura da autora dende a súa experiencia como neno que viviu esa década compartindo eses mesmos referentes. Lembrazas, historias de vida, contos e cantigas servirán para facer un completo repaso pola figura da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas. 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Xogando a reciclar
29 de xullo, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Alma de grilo
29 de xullo, 20:30
Xardíns da Casa Grande de Viloira - O Barco de Valdeorras - Ourense
Gran cuarteto da Familia Bocaprier
29 de xullo, 21:00
Rúas da vila - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
Xogando a reciclar
30 de xullo, 11:00
Casa de Cultura - Ribadumia - Pontevedra