Evento: De Vacas Tour Vacanal

De Vacas Tour Vacanal
venres, 22 abril, 2022 - 21:00
Praza do Curro,
Noia

De Vacas Tour Vacanal

Tour Vacanal

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós  disfrutedes.  Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios. Do Land Rober ao Luar, cantan en tódolos idiomas do mundo, pero aman aos nósos poetas por riba de todo, como Enrique Igrexas. Rescatan retrousos olvidados, tarareos que foran populares nas voces de Cristina da Aguieira ou Mónica da Laranxeira. Ansida de Xuventude e fusión internacional. A vida ao seu lado toda é un carnival. Ven pacer con elas. Puro deleite musical!

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Carabela
8 de agosto, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense