Evento: Pasarrúas a cargo de Latexo Percusión
Pasarrúas a cargo de Latexo Percusión
Pasarrúas a cargo de Latexo Percusión
Percusión afro brasileira
Latexo é son. Latexo é movemento. Latexo é unha explosión de ritmo e enerxía. O espectáculo de Latexo combina o visual da danza cos arranxos musicais de creación propia baseados na tradición dos Blocos Afro de Salvador de Bahía. Latexo aporta a súa propia visión do estilo, matizándoo a través de influencias que van dende a percusión mandinga ou a música galega ata a percusión contemporánea.
Os ritmos magnéticos de Latexo buscan a éxtase, nunha natural combinación entre as frecuencias dos diferentes instrumentos do ensamble.
A maxia visual do movemento, os momentos de interacción e a forza dos instrumentos de percusión impactan no público, facéndoo vibrar en sintonía. Latexando ao unísono.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

14 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña

15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña

15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña

15 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña