Evento: Cine na rúa

Cine na rúa
martes, 31 agosto, 2021 - 22:00
"Pradolongo",
Lalín

Cine na rúa

A Rede de Dinamización Lingüística leva o mellor cine galego á rúa coas proxeccións ao aire libre de "Pradolongo", "Vilamor", "A Esmorga" e "Sicixia".

10 sesións de cine ao aire libre levarán a concellos da RDL o máis significativo da sétima arte feita en Galicia e en galego nos últimos anos. Pradolongo (2008), Vilamor (2012), A esmorga (2014) e Sicixia (2016) calaron na sociedade e constitúen auténticos estandartes da cinematografía galega. Logo do éxito no percorrido de cada unha das longametraxes volven ao seu público, no seu idioma, completando o percorrido e normalizando o uso da nosa lingua galega no eido cinematográfico e no tempo de lecer dos galegos. O director dos filmes, Ignacio Vilar, participa activamente nestas 110 sesións de cine na rúa. Introduce as películas cunha breve presentación, e ao rematar dirixe un coloquio co público asistente. Cada filme leva aparellado un determinado asunto para o coloquio:

PRADOLONGO: Tránsito da adolescencia á idade adulta / Medio ambiente e Industria

VILAMOR: Volta ao rural

A ESMORGA: Literatura e cine

SICIXIA: Vivir do mar

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Enredadas
4 de xullo, 21:30
Carballeira da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
Enredadas
6 de xullo, 18:00
Casa da Cultura - Viana do Bolo - Ourense
Enredadas
11 de xullo, 20:30
Auditorio Municipal - Arteixo - A Coruña
O rianxeiro
12 de xullo, 12:00
Auditorio Municipal - Rois - A Coruña