Evento: Estrella nublada/ Meghe dhaka tara

  • Estrella nublada
Estrella nublada/ Meghe dhaka tara
martes, 3 febreiro, 2015 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Estrella nublada/ Meghe dhaka tara

Un clásico do cine indio

India, 1960

Dirección e guión: Ritwit Ghatak, sobre unha historia de Shaktipada Rajguru. Produción: Chitrakalpa. Fotografía: Dinen Gupta.

Intérpretes: Anil Chatterjee, Supriya Chowdhury.

Duración: 126 minutos.

Unha moza, Nita, vive coa familia, refuxiados do leste de Paquistán, nos suburbios de Calcuta. Cun irmán máis vello aspirante a cantante, Nita apraza o matrimonio co científico Sanat para axudar aos seus próximos, que precisan cartos para pagaren os estudos dos irmáns máis novos. O pai e o irmán pequeno sofren un accidente e ela convértese no centro económico da familia. Se non era abondo o infortunio, Nita enferma de tuberculose. Xenial melodrama bengalí de sacrificio, da traxedia dunha estrela que se nubra, dun destino truncado pola contorna e mais a desconsideración. Película de orixinal posta en escena, os conflitos artéllanse a través dunha montaxe abrupta e a experimentación co son, o que fai posible a maxistral correlación entre o desequilibrio formal intencional e as tensións e colisións da historia. Un auténtico descubrimento.   

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El extranjero
31 de maio
Filmoteca de Galicia
Sinais. Programa 1.
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Unha aproximación ao volcán
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Betzy Bromberg. Programa 1.
4 de xuño
Filmoteca de Galicia