Evento: Os nenos da varíola

Os nenos da varíola
sábado, 15 outubro, 2022 - 21:00
Centro Cultural e Xuvenil de Muros,
Muros
Espectáculo a cargo da cía. Pérez&Fernández

Os nenos da Varíola é a adaptación á escena do libro de María Solar adicado aos 22 nenos, que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.

Os nenos da Varíola preséntase ó público familiar e escolar como un xogo escénico no que hai 22 espectadores enriba do escenario formando parte da posta en escena, simbolizando por un lado os nenos que vivían no Hospicio da Coruña, a xente do Hospital ou a tripulación do corveta María Pita; e por outro, sendo testigos privilexiados do que sucede no escenario.

As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xosé Leis interpretan á ducia de personaxes que protagonizan está historia : as monxas da Casa de Expósitos, os Doutores Balmis e Posse Roybanes, os nenos do hospicio e á muller que finalmente fixo posible que esta Real Expedición Filantrópica se fixera realidade, Isabel Zendal.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Perder a lingua
30 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O que hai que ver
30 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña