Evento: Ultranoite no país dos ananos

Ultranoite no país dos ananos
sábado, 12 decembro, 2015 - 20:00
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Ultranoite no país dos ananos

Espectáculo de variedades teatrais do Grupo Chévere

Elenco: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, César Goldi, Mónica García, Arantza Villar, Xesús Ron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián

O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira para retratar -segundo o Grupo Chévere- esta terra humillada polo asfalto. E para iso sérvense de dous autores emparentados polo seu mal humor e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro.

A corazón aberto, ofrécese unha presa de músicas e cancións sen lugar para esperanza, pero dun lirismo, unha beleza e unha contundencia incomprensiblemente arrebatadoras.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Compaña
10 de maio, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Moby Dick
10 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
As fillas bravas de Momán
10 de maio, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
Castelao
11 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña