Evento: Mezzo
Mezzo
Mezzo
O FalaRedes 2021 ofrece como novidade este espectáculo de circo itinerante musical, que chega da man da compañía Pistacatro.
Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do s. XIX, descobre unha illa no océano Pacífico que lle dá acubillo a estrañas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á grande extinción.
Ao seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante da que sae o fantástico circo de insectos xigantes do doutor Mezzo. Mezzo é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasia, co que Pistacatro quere recuperar por un lado o espírito de aventura das novelas de Xulio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do s. XIX e principios do XX.
Ligazóns
Descargas
Máis eventos do ciclo FalaRedes

1 de agosto, 20:00
Praza do Floreal - Cedeira - A Coruña

4 de agosto, 11:30
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato - Paradela - Lugo

5 de agosto, 20:00
Praza do Corgo - O Grove - Pontevedra

8 de agosto, 17:00
Área recreativa do río Vaa - Malpica de Bergantiños - A Coruña