Evento: TNT Band

TNT Band
sábado, 14 agosto, 2021 - 20:00
Parque da Xunqueira,
Vilagarcía de Arousa

TNT Band

Concerto da banda vilagarciá.

A banda vilagarciá presenta o seu segundo traballo discográfico, "Compañero", concibido durante o confinamento e que inclúe un tema dedicado á Festa da Auga. Trátase dun disco máis maduro, pero que mantén a tónica das letras comprometidas e o ton reivindicativo en favor da música elaborada e do rock tradicional que xa tiña o seu primeiro traballo "Parte Colectivo". 

A pesares da xuventude dos seus compoñentes (os catro teñen 19 anos), en seis anos de traxectoria, os TNT Band contan con dúas participacións no festival estatal MusicAula School, onde acadaron o segundo posto en 2018; actuaron en festivais coma o Revenidas, o Wild Fest de Vigo e o Oeste Rock de Catoira; e tocaron en numerosos locais e salas galegas. 

O deste ano será o seu segundo concerto nas Festas de San Roque, onde volverán a poñer de manifesto a enerxía e a vitalidade dos seus directos. 

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes