Evento: Festival TerraCeo: Digitalism (DJ Set)
Festival TerraCeo: Digitalism (DJ Set)
Digitalism é un dúo alemán de música electrónica que é ao mesmo tempo divertida e imaxinativa, seria e extática, fundado en 2004 en Hamburgo. Está composto por Ismail IsiTüfekçi e Jens Jence Moelle. Na súa discografía contan con tres LPs, Idealism (2007), I Love You Dubide (2011), Mirage (2016) e "JPEG" (2019), ademais de numerosas remesturas para nomes como Daft Punk, Tiga, Klaxons, The White Stripes, Depeche Mode, Cut Copy, The Presets, Tom Vek e The Futureheads, entre outros. Pola súa banda, os seus cortes foron remezclados por colegas de profesión como Erol Alkan, Soulwax, Boys Noize e Justice. Entre as súas influencias citan a Daft Punk e as bandas sonoras de películas -en especial, as de Ennio Morricone- como as máis importantes, así como tamén a música dos videoxogos e os neoiorquinos The Strokes.
Desde o principio da súa carreira, cando o seu tema Pogo formou parte do FIFA 08 e de Need For Street: ProStreet, as súas composicións convertéronse en habituais dos videoxogos, así como de teleseries e programas televisivos. A mediados de novembro de 2018 publicaron o EP UN1T, cos temas Installing e ?Automation?, e o 1 de marzo de 2019 fixeron o propio co single "Chapter 1", que contén os temas "Infinity" e "Data Gardens". En decembro do mesmo ano publicaron o seu último LP ata a data, o arriba citado "JPEG", e en outubro de 2020 puxeron en circulación o EP "Reality 2", que significou tamén a súa aterraxe no selo Running Back.