Evento: O camiño do afiador
O camiño do afiador
O camiño do afiador
FalaRedes tráevos este espectáculo de ilusionismo para todos os públicos.
O Camiño do Afiador xira ao redor dunha roda de afiar dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus devanceiros. O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda dando lugar a miles de historias e aventuras doutros tempos que o mago pon en escena coa axuda do ilusionismo.
O proxecto está desenvolto polo coñecido Mago Teto, que persegue con el tres obxectivos básicos:
- Darlles a coñecer ás novas xeracións unha figura que xa non é habitual e que está en proceso de desaparición e contribuír así ao mantemento do noso patrimonio.
- Poñer en valor as rutas do Camiño de Santiago como vías de comunicación, como medio económico para os afiadores e como elementos de transmisión e recepción de lingua e cultura.
- Ofrecer un contido cultural de calidade a través da maxia, máis concretamente da maxia de rúa.
- Dinamizar o uso da lingua galega en contextos ligados á acción cultural.
O espectáculo chegará a partir de agosto ás seguintes entidades: Cidade da Cultura de Galicia, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Boiro, Verín, Lalín, Arteixo, Sanxenxo e Festival de Cine de Cans.
Ligazóns
Descargas