Evento: O camiño do afiador

O camiño do afiador
sábado, 4 setembro, 2021 - 13:00
Festival de Cans,
O Porriño

O camiño do afiador

FalaRedes tráevos este espectáculo de ilusionismo para todos os públicos.

O Camiño do Afiador xira ao redor dunha roda de afiar dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus devanceiros. O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda dando lugar a miles de historias e aventuras doutros tempos que o mago pon en escena coa axuda do ilusionismo.

O proxecto está desenvolto polo coñecido Mago Teto, que persegue con el tres obxectivos básicos:

  • Darlles a coñecer ás novas xeracións unha figura que xa non é habitual e que está en proceso de desaparición e contribuír así ao mantemento do noso patrimonio.
  • Poñer en valor as rutas do Camiño de Santiago como vías de comunicación, como medio económico para os afiadores e como elementos de transmisión e recepción de lingua e cultura.
  • Ofrecer un contido cultural de calidade a través da maxia, máis concretamente da maxia de rúa.
  • Dinamizar o uso da lingua galega en contextos ligados á acción cultural.

O espectáculo chegará a partir de agosto ás seguintes entidades: Cidade da Cultura de Galicia, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Boiro, Verín, Lalín, Arteixo, Sanxenxo e Festival de Cine de Cans.

Descargas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Enredadas
26 de xuño, 20:00
Sala Azul - Betanzos - A Coruña
Mulleres, ritmo e tradición
27 de xuño, 11:00
Casa da Cultura - Sandiás - Ourense
Enredadas
27 de xuño, 22:00
Local Social de Abelleira - Muros - A Coruña
Enredadas
4 de xullo, 21:30
Carballeira da Casa da Cultura - Outes - A Coruña