Evento: Alquimia

Alquimia
xoves, 11 agosto, 2022 - 20:00
Parque de Albarón,
Neda
Novo espectáculo do Mago Teto

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían  que a  pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais  en ouro.  Cando conseguían estes logros, coñecíase como “a gran obra”.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre  alquimia, ponse na pel dos alquimistas  perseguindo  o seu soño e buscando a  pedra filosofal; non para conseguir  a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡á felicidade!!

A felicidade do público e do propio mago, e así lograr  a súa “gran obra”.

Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Canta, Bugina, Canta!
15 de xuño, 12:00
Biblioteca María Magdalena - Mos - Pontevedra
A historia de Brancaflor
15 de xuño, 18:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Dona Emilia e a Señora Carme
15 de xuño, 19:00
Centro Sociocultural de San Cosme - Barreiros - Lugo
O último que apague a luz
15 de xuño, 19:00
Auditoprio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra