Evento: A banda da Balbina

A banda da Balbina
sábado, 22 outubro, 2022 - 23:00
Sala Guión,
Pontedeume

A banda da Balbina

Ritmos festeiros e moita retranca

A Balbina canta e conta historias. Historias que son nosas e comúns nas 4 provincias de Galicia. Dende o inicio mantén unha proposta clara: música e letras orixináis 100% en lingua galega. Creación que mestura ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Historias que nacen no rural, de personaxes extraordinariamente cotiáns. Historias que merecen ser contadas e musicalizadas. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mistura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. A traxectoria da banda reflicte unha visión de Galicia en feminino. En tódolos traballos está moi presente a temática da Muller como fío conductor de tódalas historias, incorporando temas tan importantes como a muller no rural na "Estomballada", incluíndo estereotipos sociais como "Balbina a Bailadora" ou "A Conacheira". Atrevéndose mesmo a musicar a poesía do referente por excelencia da muller galega, Rosalía De Castro "Cantar Cantei" ou tratando personaxes mítico-históricos como a bandoleira “Pepa a Loba”. Sempre tratando o papel feminino na sociedade galega con carácter distendido, insuflando un toque pícaro-humorístico e unha gran dose de retranca.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Habitación Vudú
7 de xuño, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Barrio - Ourense
Moon Cresta
7 de xuño, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
Carabela
8 de agosto, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense