Evento: Varadero Fest: Deva & The Divas + Confraría Chalana
Varadero Fest: Deva & The Divas + Confraría Chalana
Deva & The Divas, unha das artistas máis relevantes do xénero urbano nacional. De orixe santanderina, ten raíces caribeñas e británicas; Confraría Chalana, con dous DJ que capitanean a festa Chalana Club, o evento de Galicia que é un referente desde fai máis de catro anos.
A organización do festival destaca tamén o espazo onde se celebra, en San Bartolomeu, ao aire libre, cunha contorna extraordinaria en consonancia cos espazos naturais das Rías Baixas. Son máis de 5 hectáreas na enseada de Meira, cualificadas como máxicas. É precisamente esta enseada, onde varaban os barcos pesqueiros ata ben avanzado o século XX, a que dá nome ao festival, honrando o espírito mariñeiro dun pobo, Moaña, que foi clave no desenvolvemento do sector marítimo na ría de Vigo nos anos 70 e 90. Varadero reúne distintas propostas ao redor da cultura urbana e o universo do hiphop.
Máis eventos de tipo Concerto