Evento: Ma l'amor mio non muore

  • Ma l'amor mio
Ma l'amor mio non muore
mércores, 21 xaneiro, 2015 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Ma l'amor mio non muore

Melodrama á medida de Lyda Borelli, a diva italiana

Italia, 1913

Dirección: Mario Caserini. Guión: Emiliano Bonetti e G. Monleone. Produción: Film Artistica Gloria. Fotografía: Angelo Scalenghe.

Intérpretes: Lyda Borelli, Mario Bonnard.

Duración: 80 minutos.

Un melodrama sobre amor, traizón e morte, un mergullo no imaxinario, na cultura e no estilo art nouveau. En 1913 nace o fenómeno italiano de diva-película, que durante uns poucos anos fixo delirar o público italiano e o europeo en xeral. Lyda Borelli, a protagonista, é a máis sedutora e lánguida, a máis libre e decadente, e esta película pasa por ser a máis emblemática e elegante deste período. Internacional e pictórica, son moitas as fontes: d’Annunzio, Oscar Wilde ou os prerrafaelitas.  

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Fellini 8½
24 de maio
Filmoteca de Galicia
A través del huracán
27 de maio
Filmoteca de Galicia
Fellini 8½
27 de maio
Filmoteca de Galicia
Rufufú
28 de maio
Filmoteca de Galicia