Evento: Visita guiada ao Circo de Artesáns
Visita guiada ao Circo de Artesáns
VISITA GUIADA AO CIRCO DE ARTESÁNS:
UN PASEO POLA HISTORIA DA CORUÑA E DA GALIZA DOS TRES ÚLTIMOS SÉCULOS
COÑECE O GRANDE PATRIMONIO INMATERIAL E MATERIAL DO CIRCO DE ARTESÁNS!
DURACIÓN ESTIMADA: 1 hora
Para poder asistir é necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono da Sociedade: 981-222976
É OBRIGATORIO O USO DUNHA MÁSCARA FFP2
PRAZAS LIMITADAS
_______________________________________________________________
A “Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos” da cidade da Coruña, popularmente coñecida como “Circo de Artesáns”, fundada en 1847, é a Sociedade viva máis antiga da Galicia e unha das máis antigas do Estado español. Trátase dunha entidade popular coruñesa cargada de historia.
Dela foron socios miles de coruñeses e coruñesas, algúns moi relevantes, ao longo dos anos. Por ela pasaron desde o século XIX grandes figuras da intectualidade, da literatura, da ciencia, da ciencia, da política. Nos seus salóns houbo sonados concertos de música, recitais poéticos, obras de teatro, conferencias, proxecións cinematográficas e festas.
Co apoio da Sociedade construíronse na cidade da Coruña monumentos e realizáronse importantes labores benéficos.
Pódese asegurar sen risco de errar que non é posíbel facer unha historia social completa da cidade da Coruña e da Galicia nos tres últimos séculos sen ter contar a nosa Sociedade. Precisamente por iso era denominada nos anos vinte do pasado século como o “Ateneo de Galiza”.
O Circo de Artesáns quere abrir as súas portas, para que podan ser visitadas e coñecidas, de forma libre e gratuita, as súas instalacións de 1.800 m2 e a súa magnífica Biblioteca, cheas todas elas de lembranzas e de obxectos dos 174 últimos anos.
Nas visitas falarase dalgúns dos capítulos fundamentais da historia da Entidade e, através dela, da da propia cidade da Coruña.