Evento: Visita guiada ao Circo de Artesáns

Visita guiada ao Circo de Artesáns
luns, 5 xullo, 2021 - 18:00
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”),
A Coruña

Visita guiada ao Circo de Artesáns

Visita guiada ao Circo de Artesáns

VISITA GUIADA AO CIRCO DE ARTESÁNS:

UN PASEO POLA HISTORIA DA CORUÑA E DA GALIZA DOS TRES ÚLTIMOS SÉCULOS

COÑECE O GRANDE PATRIMONIO INMATERIAL E MATERIAL DO CIRCO DE ARTESÁNS!

 

DURACIÓN ESTIMADA: 1 hora

 

Para poder asistir é necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono da Sociedade: 981-222976

É OBRIGATORIO O USO DUNHA MÁSCARA FFP2

PRAZAS LIMITADAS

_______________________________________________________________

A “Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos” da cidade da Coruña, popularmente coñecida como “Circo de Artesáns”, fundada en 1847, é a Sociedade viva máis antiga da Galicia e unha das máis antigas do Estado español. Trátase dunha entidade popular coruñesa cargada de historia.

 

Dela foron socios miles de coruñeses e coruñesas, algúns moi relevantes, ao longo dos anos. Por ela pasaron desde o século XIX grandes figuras da intectualidade, da literatura, da ciencia, da ciencia, da política. Nos seus salóns houbo sonados concertos de música, recitais poéticos, obras de teatro, conferencias, proxecións cinematográficas e festas.

 

Co apoio da Sociedade construíronse na cidade da Coruña monumentos e realizáronse importantes labores benéficos.

 

Pódese asegurar sen risco de errar que non é posíbel facer unha historia social completa da cidade da Coruña e da Galicia nos tres últimos séculos sen ter contar a nosa Sociedade. Precisamente por iso era denominada nos anos vinte do pasado século como o “Ateneo de Galiza”.

 

O Circo de Artesáns quere abrir as súas portas, para que podan ser visitadas e coñecidas, de forma libre e gratuita, as súas instalacións de 1.800 m2 e a súa magnífica Biblioteca, cheas todas elas de lembranzas e de obxectos dos 174 últimos anos.

 

Nas visitas falarase dalgúns dos capítulos fundamentais da historia da Entidade e, através dela, da da propia cidade da Coruña.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Visitas guiadas: O Barroco
24 de maio
Museo de Belas Artes
Visitas guiadas: O Rexionalismo
24 de maio
Museo de Belas Artes
Roteiro “Compostela, cidade amurallada”
3 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal