Evento: Chicharrón

Chicharrón
sábado, 10 xuño, 2023 - 13:00
Praza Josep Sellier,
A Coruña

Chicharrón

Concerto do grupo galego.

O nome de Chicharrón é outra homenaxe a Alberto tamén unha canción de Franc3s incluída no seu segundo longo-, tras el atopámonos ao exFranc3s Alberto M. Veciño (voz e guitarra), Diego Gende de Lowcost (guitarra e baixo) e Rubén Dominguez de Telephones Rouges (teclado, piano e coros). Un grupo que nace a finais de 2013, ?que naceu para dicir o que aos tres quedaba por dicir, pero só como punto de partida para dicir o que queda por dicir?.

Chicarrón é unha palabra moi vella e con moitos significados. Chicharrón é o nome que nos puxo Alberto Gende. Chicharrón somos Rubén, Diego e Alberto. Chicharrón é o noso primeiro disco. Chicharrón é un álbum conceptual sobre o amor como salvación, comentan.

Chicharrón (Prenom, 2014) é o seu primeiro traballo. Un disco gravado e mesturado enA Ponche con Tomás Ageitos, quen ademais colabora á batería, en marzo de 2014. Colaboran  Alex Marban e David Iglesias. A masterización corre a cargo de Roberto Mallo. Do artwork encárgase Rubén Domínguez.

Prenom, un dos colectivos artísticos máis libres e interesantes de Galicia, encárgase de editar este álbum conceptual sobre o amor como salvación. Un traballo que prescinde practicamente da electricidade para que se poida oir a alma. Un disco case circular, con principio e final.

É un disco que doe, un disco que che acariña a alma, que che corta a pel para ver o teu sangue e logo che lame as feridas.Un bico sobre a pel magullada. Estamos ante un torrente lírico, ante a poesía como única redención. "Chicharrón" (Prenom, 2014) é un disco de letras, de escoitar cada verso co corazón nun puño, a flor de pel.

  • Guaynaa - Chicharrón ft. Cauty (Official Video)

Máis eventos de tipo Concerto