Evento: Festival Solpor: Isius

Festival Solpor: Isius
venres, 2 xullo, 2021 - 19:00
Monteferro,
Nigrán

Festival Solpor: Isius

Concerto de indie rock.

Despois da gravación do primeiro traballo de ISIUS, Songs From Everywhere (Ernie Records 2019), José empezou a buscar entre amigos e coñecidos de Vigo a xente que soubese tocar e que lle puidesen acompañar nunha serie de concertos de presentación do seu primeiro traballo. Desta forma, e gradualmente, fóronse incorporando Tole, Carlos, Edu e Roberto, e os cinco empezaron a quedar os xoves para preparar os directos.
As cancións de Fox & Castle son autobiográficas, e narran unha vez máis experiencias persoais de José. “Basicamente neste disco poño a todo o mundo a parir, poño a caldo a xente que me cae francamente mal e leva tempo facéndome a vida imposible (‘ You´ re such a Jerk’,
‘ On Your Bike’, ‘ Dead From The Neck Up’). Falo tamén da importancia da asertividad e o autocontrol (‘Come On Over’, ‘ Say Non’), e ‘71 . Under’ é a miña particular homenaxe ao neno Julen, morto nun pozo en Totalán, e cuxa historia me afectou moitísimo”.
ISIUS volverá sacar este novo traballo co selo discográfico independente Ernie Records, que distribuirá Fox & Castle nas principais plataformas de música dixitais. Ademais, Ernie tamén publicará unha edición especial de 300 copias de Fox & Castle en
vinilo..

  • RED FLAME. ISIUS

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura