Evento: Día da Música 2021: Nico Casal

Día da Música 2021: Nico Casal
sábado, 26 xuño, 2021 - 21:00
Lago do Xardín Literario- Exterior Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Día da Música 2021: Nico Casal

Concerto do pianista galego.

Compositor e pianista galego, nacido en Santiago de Compostela en 1985. Comezou no mundo da música á idade de oito anos. No 2004 trasladouse á cidade de Vigo para finalizar o Bacherol?s Degree en Piano Performance. Nico Casal tomou a alternativa de centrarse na música de cinema. No 2011 comezou a estudar o máster en Música en composición de Moving  Images no City University of London. A súa dedicación á composición de obras musicais para cinema, levoulle no ano 2015 á creación da banda sonora para a curtametraxe Stutterer, gañador do Óscar no mesmo ano na categoría de Mellor Curtametraxe de acción. Tras unha tempada vivindo en Londres, segue moi unido laboralmente a esta cidade.  Entre os seus últimos traballos está a recente banda sonora para a última serie de TNT Maricón perdido e o seu primeiro disco, Alone, un traballo que transita entre a música clásica, o jazz de Keith Jarrett e a electrónica. Entre as películas para as que compuxo a banda sonora, hai que destacar María e os demais, ópera prima da directora catalá Nely Reguera; e A enfermidade do Domingo, de Ramón Salazar. 

  • Nico Casal | #LateMotiv17

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
9 de xullo
San Miguel
Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia
Picadiscos
11 de xullo
Campo da Festa de Urdilde