Evento: Día da Música 2021: Kalakan

Día da Música 2021: Kalakan
sábado, 26 xuño, 2021 - 20:00
Parque da Balea-Exterior Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Día da Música 2021: Kalakan

Concerto do trío.

O trío Kalakan chega desde Iparralde (País Vasco Francés) para presentarnos ? Artizar?, o seu novo disco (2021). Artizar é un eixo seguro para non perder o norte, un faro que nos lembra que debemos seguir o camiño da nosa vida sen perder nunca o rumbo. E conectados co significado deste título, investigan os sons máis actuais e a electrónica sen perder nunca a súa esencia: a música tradicional vasca. Non pouco máis de 10 anos que levan en activo, Kalakan conseguiron situarse nun dos lugares referentes da worldmusic, actuando por todo o mundo e colaborando con infinidade de artistas.  Destaca sen dúbida o seu traballo con Madonna, coa que fixeron no 2012 a xira completa de TheMDNA  Tour.

Voces, tambores, teclas, efectos cósmicos e a tradición vasca máis pura forman este novo espectáculo de Kalakan, un antes e un despois na traxectoria da banda: 
JamixelBereau: voz, tambor, campás, pandeiro e teclados.
Xan Errotabehere: voz, alboka, frauta e teclados.
Bixente Etchegaray: voz, bombo, trompeta e teclados.

 

  • Kalakan. Elementuak

Máis eventos de tipo Concerto

A Roda – Xira 2025
11 de agosto
Praza de España
Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda