Evento: Elefante Elegante

Elefante Elegante
sábado, 9 outubro, 2021 - 20:30
Cedeira,
Cedeira

Elefante Elegante

Espectáculo teatral.

O Elefante Elegante é unha compañía de teatro que crea espectáculos visuais baseados no xesto e no movemento tanto para público familiar como para público adulto. As creacións do Elefante Elegante buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

A compañía, de orixe galega-portuguesa, foi creada por María Torres e Gonçalo Guerrero no ano 2000. Residiu os primeiros anos en Bélxica ata que se instalou en Galicia en 2007.

O Elefante Elegante comezou como un proxecto experimental. Del formaban parte actrices e actores de diferentes paises europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal e na súa relación co espazo. Estes anos de experimentación foron fundamentais para establecer as bases do traballo actual da compañía.

O obxectivo principal continúa sendo o de desenvolver unha linguaxe teatral propio que permita tratar as cuestións sociais, existenciais e ambientais que determinan a vivencia humana. O rigor do traballo do Elefante Elegante foi recoñecido con varios premios María Casares.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal