Evento: #PrimaveraXove: Encontros formativos e networking

#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking
mércores, 30 xuño, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking

Educación emocional

A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para desenvolver o programa #PrimaveraXove, da Xunta de Galicia, que busca ofrecer espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno favorecendo a convivencia e o networking.

O terceiro encontro versará sobre educación emocional e contará co seguinte programa:

  • Relatorio a cargo de Aixa Permuy, Educadora social, pedagoga, doutora en educación e investigadora do Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (EXDEHU). Formadora experta en educación emocional e educación para a igualdade de oportunidades.
  • Obradoiro a cargo de Isabel Presas, do  servizo Quérote + da Xunta de Galicia cuxo obxectivo é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.

Máis información e inscrición: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove/encontros

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal